Chiarina

As forzas e corpos de seguridade non adoitan seren sensíbeis á idiosincrasia das nosas xentes. A pobre Chiarina (amiga fiel da miña filla, e obxecto de homenaxes do meu fillo; espero que non de Tony, porque lla corto) tívose que enfrontar totalmente inerme ante estes insensíbeis individuos, stronzi. Ese día, Meadow e máis ela saíran a divertísense un pouco, que mal facían! Pero nin iso poden facer os nosos fillos! Nin sequera se puido librar deles cos argumentos que a ciencia lle facilitou.

Ezechiele e Emilio

Se o Bada Bing aglutina os nosos homes durante a noite, Satriale’s fai o propio durante o día. Collen folgos desafogando, falando daquelas cousas que os preocupan. Por momentos parece que o sangue vai chegar ao rego, e chega, pero non sempre, así somos os italoamericanos. Ezechiele e Emilio encárganse de fornecer de temas cando a xente non quere falar de negocios. O resto do día, traballan para Vito.

Beppone

Ai, Beppone, amoroso, abstemio e insomne colaborador de Tony! El é o encargado de seleccionar o material que traballará no Bada Bing. Para el, todas as horas que lle dedica ao seu traballo son sempre poucas; para el o traballo é un pracer, non un sacrificio. Ten un olfato natural que o converte nunha peza imprescindíbel para a engranaxe desa gran máquina que é a nosa familia.

Canto desexaría que Deus o premiase cun par de fermosos vástagos!

Sindaco

A miña familia sempre amosou unha clara inclinación a participar activamente na vida da comunidade. Penso que é por iso polo que sempre tiven algún parente dedicado á xestión do ben común ou, se así o preferides, á política.

Hoxe traio un discurso de Sindaco, un dos políticos que teño na familia. A el lle debemos moito Tony e eu, pois Sindaco foi o encargado de introducir ao meu home no negocio da xestión de residuos.

Calogero

Este si que é todo un gran traballador, Calogero. Tony e máis el criáronse practicamente xuntos, cantas trastadas farían eses dous pillos! Agora ten unha pequena empresa de construción á que lle dedica toda a súa ilusión. É unha persoa apaixonada polo traballo, meticulosa e con enerxía. Os seus obreiros trátaos igual cós seus fillos. Pese ao que digan as malas linguas, é unha persoa devota e pía coma poucas, hai que ver con que graza leva as imaxes dos santos nas procesións!

Alicettina

Esta é a miña curmá Alice, pero nós sempre lle chamamos Alicettina. Tony non lle ten moito cariño porque ten algúns costumes pouco convencionais, pero, como vou renegar do meu sangue! Traballa de telefonista, e pódese ver a dilixencia, a frescura e a axilidade coa que traballa. Os meus fillos quérena moito, de feito, un día pillei a Anthony guichando pola porta mentres se cambiaba. Máis dunha vez me quedou con Meadow cando era bebé para poder ir ao cine con Tony (aínda que el aos cinco minutos xa estaba sopa, como roncaba, que vergoña!).

Ai, Alicettina, vales un mundo, filla!

Il Professore

Que sería da educación de Meadow e de Anthony sen a maxistral ensinanza de Il Professore! Tony e máis eu estarémoslle eternamente agradecidos.